Mostrando entradas con la etiqueta tradicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradicións. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de octubre de 2017

ALÉN DO MAR. VISITAMOS O PEIRAO

 O P.D.I. deste curso ALÉN DO MAR vai do mar. En sexto ansiosos por comezar esta nova aventura, decidimos que antes de zarpar é ben coñecer o máis próximo, o que temos á porta: O muelle de Pontedeume.


Este mércores visitamos o peirao:

  • Vimos como le pasaban unha inspección aos mariscadores que ían á ameixa a un banco recén descuberto en Sada.



  •  Visitamos a confradía explicándonos o Patrón Maior, Manolo, e a Vicepatroa, Mari, moitos detalles do seu traballo; Olalla, a nai de Aroa que é mariscadora, xunto cun vixiante amosáronnos as diferentes ameixas e as súas medidas mínimas, as diferentes artes para o marisqueo a pé e en bote, para a ameixa e o berberecho; os tipos e prezos de ameixa, a subasta,...
  •  Na explanada, fronte aos novos almacéns dos mariñeiros, vimos as artes de pescas, redes, tramallos, betas e  nasas para a nécora e para o polbo.


  • Por último, Manolo, o Patrón Maior da Confraría, acompañounos ao "Pescador" onde vimos a exposición dos 100 anos de Asociacionismo Mariñeiro  Eumés, "Ondas de Irmandade" e observamos a evolución dos muelles e  da pesca na nosa vila, tamén descubrimos que había debaixo da Ponte de Ferro un asteleiro de ribeira que facía barcos de pesca. 
                                            Grazas a tod@s, traballador@s do mar!


                             



 Agora si que estamos prepara@s para zarpar con Güino a unha nova singladura.

Aquí quedan máis imaxes desta marabillosa mañá!


miércoles, 11 de octubre de 2017

CAMIÑO INGLÉS

Os camiños a Compostela son como ríos de xentes a onde van parar os afluentes das diferentes culturas, tradicións e linguas dos mais diversos países. Ríos que regan e fertilizan as terras por onde pasan facendo florecer igrexas, albergues, pousadas, hospitais e cruceiros que son hoxe o noso orgullo.



Un rico patrimonio material comparable a infinidade de historias, lendas e romances que os camiñantes nos trouxeron e que circularon de boca en boca durante séculos, transformándose cada vez que eran contados. As historias que acompañaran a actividade teñen polo tanto orixes diversas, unhas veñen de Portugal, outras de Italia, de Francia ou do afastado oriente. Todas son universais e a todas engadírá Inacio o acento local.

A actividade ‘Contamos e recollemos contos nados no Camiño’ consiste nunha saída de escolares dos centros de ensino seleccionados, para percorrer un tramo do Camiño representativo do fito Xacobeo e preto do seu lugar de residencia. hoxe percorrimos o tramo que vai dende a nosa vila ata o concello de Miño.



Durante o percorrido, Inacio Vilariño, coñecido e recoñecido contador, foi quen referiu aos cativos e cativas os ‘contos nados no Camiño’. A andaina serviu para que os escolares repararan no grande valor natural dos Camiños Xacobeos: a fauna, a flora, a orografía, a toponimia...formaron parte da camiñada. Sen esquecer, a importancia de coidar e conservar este extraordinario ben cultural.




Esta actividade pretende tamén implicar aos cativos e ás cativas, converténdoos en contadores e contadoras , daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, que existan nos Concellos nos que habitan, ou que elas e eles creen a partir da saída programada.
Ollade que ben o pasamos!!!




Moitas grazas a tod@s, monitores, gardas municipais , que fixeron desta mañá unha xornade inesqueciblee ao alumnado de sexto pola súa atención e bo comportamento.

martes, 25 de abril de 2017

Saída a A Capela: Proxecto Brinquedos

Para ir ambientando a saída que o alumnado de 5º de Primaria faremos o 12 de maio á Capela, deixámosvos aquí uns cantos vídeos sobre o proxecto dos xogos tradicionais que, dende hai moito tempo, se leva a cabo no CEIP Mosteiro de Caaveiro.
Que os desfrutedes!





Preme na imaxe para ver a entrada da nosa visita no blog da biblioteca



domingo, 13 de noviembre de 2016

Magosto e Día do Peón.

Aquí quedan as imaxes da festas. Mágoa que o tempo non acompañara e non puideramos facer o Magosto arriba coas familias.

lunes, 31 de octubre de 2016

Contos de medo

Abride a presentación e veredes os vosos contos de medo. Podedes xirar, facer zoom neles, deixar a música acesa ou apagala e... a desfrutar das vosas orixinais creacións!!


 

OLLADE NESTAS IMAXES PARTE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NAS NOSAS AULAS. TEDES MÁIS INFORMACIÓN NO BLOGUE DA BIBLIOTECA.QUE SAMAÍN MÁIS COMPLETO,NON?

miércoles, 19 de octubre de 2016

SAMAÍN

Aquí tedes a montaxe con todas as caveiras...
ATOPAS A TÚA?


Chegan as noites longas, para estar na casa, escoitar contos  de medo, buscar unha cabaza para facer unha caveira que asuste á veciñanza cando pase preto da nosa casa, de facer o colar de zonchos e abrigarse un pouco máis para ir ao monte por cogumelos ou a As Pontes  á feira.
Para este tempo aquí tedes informacións, xogos e a proposta de Güino para a nosa escola (Premede nas imaxes).
Animádevos a vivir o tempo do Samaín!!!



Ademais, polo Samaín é tempo de cabazas, lobishomes, meigas, esqueletos, pantasmas, noites escuras pechadas de néboa...
Anímate e crea o teu propio relato de medo. A ver quen se atreve a lelo! E a durmir esa noite...
Preme na imaxe e poderás ver relatos feitos por alumnos e alumnas de 5º de primaria.

https://issuu.com/pereiro/docs/a_casa_embruxada 


E agora un xogo para ver canto sabes do Samaín!!!

E unha cantiga xa coñecida, ou non a lembrades??











Mira o que nos propón Guino para a Hora de Ler do Día de Samaín!!! Vaite preparando!!!