miércoles, 11 de octubre de 2017

CAMIÑO INGLÉS

Os camiños a Compostela son como ríos de xentes a onde van parar os afluentes das diferentes culturas, tradicións e linguas dos mais diversos países. Ríos que regan e fertilizan as terras por onde pasan facendo florecer igrexas, albergues, pousadas, hospitais e cruceiros que son hoxe o noso orgullo.



Un rico patrimonio material comparable a infinidade de historias, lendas e romances que os camiñantes nos trouxeron e que circularon de boca en boca durante séculos, transformándose cada vez que eran contados. As historias que acompañaran a actividade teñen polo tanto orixes diversas, unhas veñen de Portugal, outras de Italia, de Francia ou do afastado oriente. Todas son universais e a todas engadírá Inacio o acento local.

A actividade ‘Contamos e recollemos contos nados no Camiño’ consiste nunha saída de escolares dos centros de ensino seleccionados, para percorrer un tramo do Camiño representativo do fito Xacobeo e preto do seu lugar de residencia. hoxe percorrimos o tramo que vai dende a nosa vila ata o concello de Miño.



Durante o percorrido, Inacio Vilariño, coñecido e recoñecido contador, foi quen referiu aos cativos e cativas os ‘contos nados no Camiño’. A andaina serviu para que os escolares repararan no grande valor natural dos Camiños Xacobeos: a fauna, a flora, a orografía, a toponimia...formaron parte da camiñada. Sen esquecer, a importancia de coidar e conservar este extraordinario ben cultural.




Esta actividade pretende tamén implicar aos cativos e ás cativas, converténdoos en contadores e contadoras , daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, que existan nos Concellos nos que habitan, ou que elas e eles creen a partir da saída programada.
Ollade que ben o pasamos!!!




Moitas grazas a tod@s, monitores, gardas municipais , que fixeron desta mañá unha xornade inesqueciblee ao alumnado de sexto pola súa atención e bo comportamento.

No hay comentarios: