viernes, 13 de octubre de 2017

ALÉN DO MAR. VISITAMOS O PEIRAO

 O P.D.I. deste curso ALÉN DO MAR vai do mar. En sexto ansiosos por comezar esta nova aventura, decidimos que antes de zarpar é ben coñecer o máis próximo, o que temos á porta: O muelle de Pontedeume.


Este mércores visitamos o peirao:

  • Vimos como le pasaban unha inspección aos mariscadores que ían á ameixa a un banco recén descuberto en Sada.



  •  Visitamos a confradía explicándonos o Patrón Maior, Manolo, e a Vicepatroa, Mari, moitos detalles do seu traballo; Olalla, a nai de Aroa que é mariscadora, xunto cun vixiante amosáronnos as diferentes ameixas e as súas medidas mínimas, as diferentes artes para o marisqueo a pé e en bote, para a ameixa e o berberecho; os tipos e prezos de ameixa, a subasta,...
  •  Na explanada, fronte aos novos almacéns dos mariñeiros, vimos as artes de pescas, redes, tramallos, betas e  nasas para a nécora e para o polbo.


  • Por último, Manolo, o Patrón Maior da Confraría, acompañounos ao "Pescador" onde vimos a exposición dos 100 anos de Asociacionismo Mariñeiro  Eumés, "Ondas de Irmandade" e observamos a evolución dos muelles e  da pesca na nosa vila, tamén descubrimos que había debaixo da Ponte de Ferro un asteleiro de ribeira que facía barcos de pesca. 
                                            Grazas a tod@s, traballador@s do mar!


                             



 Agora si que estamos prepara@s para zarpar con Güino a unha nova singladura.

Aquí quedan máis imaxes desta marabillosa mañá!


No hay comentarios: