Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de mayo de 2018

Barcos de pesca

Hoxe tivemos a última charla do ciclo  "Tipos de barcos", en colaboración coas xentes do mar que se acercaron á nosa biblioteca para que o alumnado de 5º e 6º coñecera o s diferentes de barcos que hai na actualidade, a través da aprendizaxe baseada en proxectos.






O día de hoxe foi especial pois Manolo, o Patrón Maior da Confraría de Pontedeume, amosounos os barcos que atracan ao pé da nosa escola , que pescan, cando, canto, onde, como..





.























Trouxonos fotos antigas da descarga do peixe en Pontedeume e unha foto actual da pesca do cerco, arte que utiliza no seu barco.





Mirade nun dos traballos elaborados a partires da charla o contido do tratado esta maña por Manolo, que , por certo, estudou no noso cole ata os 14 anos.

Texto sobre a charla do Patrón Maior.



jueves, 12 de abril de 2018

Barcos no Tempo

O alumnado de 5º e 6º, dentro do proxecto deste curso, estiveron a investigar no 2º trimestre a evolución das embarcacións ao longo da historia.

Hoxe á mañá, compartiron as súas pescudas presentando o produto final no corredor de primaria.
Diante dos seus murais resumiron o aprendido destacando os aspectos máis significativos.



Nestoutro video podedes ver os barcos de vapor artesáns feitos polo alumnado de 6º A.





E nesta montaxe algúns momentos da actividade.



Noraboa ao alumnado de 5º e 6º. Traballo ben feito!

miércoles, 11 de abril de 2018

Visítanos o primeiro español en cruzar o Atlántico a remo!

O próximo venres, 13 de abril, visitaranos Jorge Pena, o galego que cruzou o Atlántico a remo  en 58 días.

Deixámosvos varias novas e un vídeo para que poidades coñecer a súa historia e preparar a entrevista.
Premede nas imaxes!

http://www.elmundo.es/cronica/2018/01/02/5a4684c6ca47418a728b45e6.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2018/02/11/gallego-jorge-pena-logra-cruzar-atlantico-remo-58-dias/00031518353885838793624.htm


http://www.crtvg.es/informativos/o-galego-jorge-pena-cruza-o-atlantico-a-remo-3650543


JORGE PENA COMPLETOU A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Chegou o día,  recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visitou para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, dende a illa da Gomera, nas Canarias, até a illa Antiga, no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios que sopran na época do ano en que fixo a viaxe e que o arrastraban na dirección correcta. Como  fixeron con Colón cando descubriu América.

Narroonos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante no que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como se moven os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.











domingo, 25 de marzo de 2018

"Lapelabook": A contaminación do mar.

Nesta última semana do 2º trimestre adicámonos a investigar, e plasmar a información sobre a contaminación do mar.Este tema, é de gran interese, tanto para nós, o alumnado de sexto, coma para calquera un pouco preocupado pola contaminación de gran parte do noso planeta.

Traballamos en equipo e plasmamos as nosas pescudas nuns lapelabooks ben chulos!
Comprobádeo vós mesmos!








domingo, 18 de febrero de 2018

Día da Muller



O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Este ano imos botar unha ollada á MULLER que traballa no MAR.




O alumnado de 5º e 6º está a investigar sobre os traballos desenvoltos polas mulleres da nosa zona no ámbito mariño: Mariscadoras, peixeiras, redeiras e traballadoras nas conserveiras centrarán as súas pescudas.

Ao remate exporemos nun gran mural as informacións destas catro profesións e invitaremos a todo o cole a coñecer e valorar o traballo de moitas das súas nais, avóas, tías, veciñas, etc.

Abelardo Miguel, pintor eumés,, representou moitas mulleres do mar


Para abrir boca temos aquí unhas montaxes que nos falan do papel da muller na economía galega, en xeral, e nos traballos de explotación das riquezas do mar en particular.

Informémonos para logo recibir nas aulas a familiares que nos van falar máis polo miúdo do seu traballo.












miércoles, 24 de enero de 2018

PDI "Alén do mar" Visita ao porto da Coruña

Para saber máis dos diferentes tipos de barcos que mellor que visitar o porto da Coruña!
Grazas ás explicacións de Belén, a monitora, aprendemos moito do funcionamento do porto, dos tipos de mercadorías, dos nomes dos oficios relacionados co mar,...




Pero ademais de visitar o porto, entramos na lonxa.

Alí Belén ensinounos o inmensa que é a nova lonxa.





Juan, un traballador da lonxa, guiounos por distintos almacéns onde estaban preparando os productos para levalos aos seus puntos de venda (da lonxa sae peixe para diferentes lugares de España (Pontedeume ou Madrid consomen peixe da lonxa coruñesa).


Lembrade nestas imaxes o vivido hoxe. Canto aprendemos e que ben o pasamos!

lunes, 22 de enero de 2018

Entroido "Alén do mar"

Xa estamos a piques de comezar o tempo do Entroido:

  • Decidimos o noso disfrace. 
  • Pensamos ideas para a cantiga da nosa comparsa. 
  • Achegamos os materiais para o noso traxe á escola...


Aquí vos deixamos a música da nosa cantiga. É ben coñecida, non?



O Carnaval é tempo de denuncia e a  letra da nosa cantiga ten que ver co mar e con todos os problemas que ten:
A contaminación, a sobrepesca, a dura vida dos pescadores e mariscadoras, o pouco espacio dos peixeir@s no mercado,...
Grazas polas vosas suxestións!



Ademais da embarcación que vai ser o elemento principal do noso disfraz podedes pensar en como ides vir vestidos para que non se vos coñeza: con antifaz, carauta, barba,  maquillaxe, de roupa de augas ou roupa vella para ir pescar,...Botádelle imaxinación!




Alguén preguntou se a chalana podía levar bancos e outros detalles:
 Na clase en principio só imos facer os dous costados e a popa do casco, ademais de pegarlle o folio e o nome.

Pero como a ides montar na casa coa axuda da vosa familia, por suposto que podedes engadirlle todos os detalles que queirades: bancos, chumaceiras e ata toletes se vos prace!
Eso si, non esquezades uns tirantes resistentes para non naufragar no medio do desfile.





Aínda queda moito traballo, facer a chalana, as pas dos remos, ensaiar a cantiga, o baile...
E a Candeloria xa está aí e con ela comeza a troula!!









Premede na imaxe para ver no blog de Güino o ben que o pasamos este Entroido!!!











Premede na imaxe para ver a festa no blog da

PDI "Alén do mar" Preparación saída ao porto da Coruña

Pasadomañá viaxaremos ao porto da Coruña.
Aquí vos deixamos un enlace con información ben interesante. Accedede premendo na imaxe e veredes o percorrido, as normas, as características do porto, etc.



lunes, 11 de diciembre de 2017

A monte con Xavi e con Oscar. "A Costa do Dexo".

En Ciencias Naturais estamos a traballar un tema moi interesante, no que, entre outros aspectos preséntanse os Espazos Protexidos.
Aproveitando a ponte, dous compañeiros de sexto, Óscar e Xavier, visitaron un destes espazos que está moi preto da nosa vila, A Costa do Dexo.


A Costa do Dexo é un Monumento Natural que ocupa o tramo costeiro que comprende desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé, no concello de Oleiros.



Cun pouco de axuda, elaboraron un video moi interesante sobre este Monumento Natural, no que explican moitas das súas características.

Olládeo, paga a pena!


domingo, 3 de diciembre de 2017

ALÉN DO MAR: AS FAMILIAS COLABORAN.


As nenas e nenos de 5º e 6º seguen coa súa investigación sobre a CONSTRUCIÓN NAVAL.

Hai uns días recibiron a unha experta nesta materia, Susana Cortizas, a nai de María Tenreiro(6ºA), que traballa como proxectista  naval.


 Veulles contar moitas cousas interesantes do seu traballo.
  • Que fai a empresa onde traballa:barcos, avións,...
  • Os tipos de barcos que constrúen.
  • Canto tardan en facer os planos e canto en facer o barco  no estaleiro.
  • Partes e medidas do barco.
  • Posta da quilla.
  • Tipos de botaduras...



Ademais de ver planos e fotos viron a botadura do último barco de pesca que fixeron para México. 
Botábanno de lado!




E a botadura do primeiro barco no que Susana traballou, un portaeronaves. o Juan Carlos I. Este en Navantia Ferrol, e o botaron de popa.





Tamén nos falou da tradición australiana da posta de quilla, poñendo na grada debaixo do 1º bloque unha moeda de ouro, como símbolo de pago a Caronte para que guiase as ánimas en caso de naufraxio lonxe do inferno. E amosounos como o facían nun dos barcos que o estaleiro ferrolán fixo para Australia.



Ademais trouxonos todos os planos do 1º bloque que se pon na grada .Fíxoos  a escala, para que os nenos enenas fagan en grupo a súa maqueta en goma eva.

Que interesante! Grazas Susana!




viernes, 17 de noviembre de 2017

AS CHALANAS

O alumnado de 6º de Primaria, logo de visitar o peirao de Pontedeume, decidiu investigar sobre as chalanas, embarcacións que abondan na nosa ría.


Consultaron diversas publicacións, tanto na rede como en diferentes textos e aprenderon moito sobre os tipos de chalanas, os materiais con que se constrúen, as partes da embarcación, etc.

Elaboraron textos sobre o tema e fixeron unhas maquetas ben xeitosas grazas a unha investigación previa desenvolta no CEIP de Sada.





Ao longo desta semana expuxeron as súas aprendizaxes ao resto do alumnado de primaria apoiándose en murais e maquetas.













Noraboa, bo traballo!!

Na hora de ler foron pasando os cursos de Primaria ao longo de toda a semana. Dende os máis pequenos ata os máis grandes todos mostraron grande interese e respecto ao traballo dos maiores da escola.


Aquí vos deixamos unha mostra das imaxes desta experiencia.



jueves, 9 de noviembre de 2017

CONSTRUCIÓN NAVAL

O alumnado de 5º e 6º está a traballar dentro do proxecto deste curso a construción naval. Esta semana visitaron para recoller información sobre o tema o Museo de Construción Naval de Ferrol.










Canto aprenderon!

 Diques e gradas para construir nos estaleiros ferroláns.


Barcos do XIII,un  bote polbeiro, o bote de 9 metros.



 A construción dos antigos galeóns, das fragatas, das modernas embarcacións.






Remaches e soldaduras, planos, tecnoloxía,  timóns, mando e goberno,...Ata nós aprenderon coa axuda da guía!









Aproveitaron a viaxe e tamén visitaron o Museo de Historia Natural, centrándo a súa visita na fauna marina, peixes, mamíferos, moluscos,etc.