Mostrando entradas con la etiqueta Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Naturais. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de abril de 2018

Relacionámonos e reproduciímonos

A Relación

Para estudar: Mapa conceptual, esquema do tema (Preme na imaxe para velo completo)



Algunhas actividades para repasar o tema:

Preme e aprende. Hai algunhas en inglés pero moitas en galego.

Para profundizar máis, xoga nestas actividades.

A Reprodución:

Agora preme nas imaxes para chegar a dous tipos de actividades interactivas diferentes sobre a reprodución e o embarazo.




miércoles, 11 de abril de 2018

Visítanos o primeiro español en cruzar o Atlántico a remo!

O próximo venres, 13 de abril, visitaranos Jorge Pena, o galego que cruzou o Atlántico a remo  en 58 días.

Deixámosvos varias novas e un vídeo para que poidades coñecer a súa historia e preparar a entrevista.
Premede nas imaxes!

http://www.elmundo.es/cronica/2018/01/02/5a4684c6ca47418a728b45e6.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2018/02/11/gallego-jorge-pena-logra-cruzar-atlantico-remo-58-dias/00031518353885838793624.htm


http://www.crtvg.es/informativos/o-galego-jorge-pena-cruza-o-atlantico-a-remo-3650543


JORGE PENA COMPLETOU A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Chegou o día,  recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visitou para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, dende a illa da Gomera, nas Canarias, até a illa Antiga, no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios que sopran na época do ano en que fixo a viaxe e que o arrastraban na dirección correcta. Como  fixeron con Colón cando descubriu América.

Narroonos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante no que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como se moven os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.











domingo, 25 de marzo de 2018

"Lapelabook": A contaminación do mar.

Nesta última semana do 2º trimestre adicámonos a investigar, e plasmar a información sobre a contaminación do mar.Este tema, é de gran interese, tanto para nós, o alumnado de sexto, coma para calquera un pouco preocupado pola contaminación de gran parte do noso planeta.

Traballamos en equipo e plasmamos as nosas pescudas nuns lapelabooks ben chulos!
Comprobádeo vós mesmos!








lunes, 11 de diciembre de 2017

A monte con Xavi e con Oscar. "A Costa do Dexo".

En Ciencias Naturais estamos a traballar un tema moi interesante, no que, entre outros aspectos preséntanse os Espazos Protexidos.
Aproveitando a ponte, dous compañeiros de sexto, Óscar e Xavier, visitaron un destes espazos que está moi preto da nosa vila, A Costa do Dexo.


A Costa do Dexo é un Monumento Natural que ocupa o tramo costeiro que comprende desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé, no concello de Oleiros.



Cun pouco de axuda, elaboraron un video moi interesante sobre este Monumento Natural, no que explican moitas das súas características.

Olládeo, paga a pena!


jueves, 9 de noviembre de 2017

CONSTRUCIÓN NAVAL

O alumnado de 5º e 6º está a traballar dentro do proxecto deste curso a construción naval. Esta semana visitaron para recoller información sobre o tema o Museo de Construción Naval de Ferrol.










Canto aprenderon!

 Diques e gradas para construir nos estaleiros ferroláns.


Barcos do XIII,un  bote polbeiro, o bote de 9 metros.



 A construción dos antigos galeóns, das fragatas, das modernas embarcacións.






Remaches e soldaduras, planos, tecnoloxía,  timóns, mando e goberno,...Ata nós aprenderon coa axuda da guía!









Aproveitaron a viaxe e tamén visitaron o Museo de Historia Natural, centrándo a súa visita na fauna marina, peixes, mamíferos, moluscos,etc.












domingo, 22 de octubre de 2017

Os Peixes

Xa que estamos a traballar a organización dos animais e andamos a voltas co mar. Ollade esta presentación tan vistosa como interesante sobre os peixes.





E agora esta máis interactiva e variada. 




Interesantes ,non?
 Un pouco de fantasía! Como estamos a preparar contos de medo ambientados no mar para o Samaín, igual serve este video para inspirarvos...Da medo?






A documentarse ben para facer uns contos de medo terroríficos!

jueves, 19 de octubre de 2017

Animáis de récord!

Comezamos o tema 2 de Ciencias da natureza, os animais, cun moi especial, a bolboreta monarca.

Queres saber un pouco máis? Preme nas imaxes!

http://www.nationalgeographic.es/animales/mariposa-monarca

https://www.mexicodesconocido.com.mx/mariposa-monarca-santuarios-estado-mexico.html