Mostrando entradas con la etiqueta Valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valores. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de abril de 2018

Visítanos o primeiro español en cruzar o Atlántico a remo!

O próximo venres, 13 de abril, visitaranos Jorge Pena, o galego que cruzou o Atlántico a remo  en 58 días.

Deixámosvos varias novas e un vídeo para que poidades coñecer a súa historia e preparar a entrevista.
Premede nas imaxes!

http://www.elmundo.es/cronica/2018/01/02/5a4684c6ca47418a728b45e6.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2018/02/11/gallego-jorge-pena-logra-cruzar-atlantico-remo-58-dias/00031518353885838793624.htm


http://www.crtvg.es/informativos/o-galego-jorge-pena-cruza-o-atlantico-a-remo-3650543


JORGE PENA COMPLETOU A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Chegou o día,  recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visitou para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, dende a illa da Gomera, nas Canarias, até a illa Antiga, no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios que sopran na época do ano en que fixo a viaxe e que o arrastraban na dirección correcta. Como  fixeron con Colón cando descubriu América.

Narroonos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante no que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como se moven os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.











domingo, 25 de marzo de 2018

"Lapelabook": A contaminación do mar.

Nesta última semana do 2º trimestre adicámonos a investigar, e plasmar a información sobre a contaminación do mar.Este tema, é de gran interese, tanto para nós, o alumnado de sexto, coma para calquera un pouco preocupado pola contaminación de gran parte do noso planeta.

Traballamos en equipo e plasmamos as nosas pescudas nuns lapelabooks ben chulos!
Comprobádeo vós mesmos!








lunes, 26 de diciembre de 2016

Violencia de Xénero

 O alumnado de Valores tratou, entre outros temas , o da Violencia de Xénero. Como final das actividades realizaron en pequenos grupos uns carteis ben explícitos.
Botádelles unha ollada!







miércoles, 30 de noviembre de 2016

O FUTURO XA CHEGOU


Se clicades no seguinte enlace podedes escoitar "O Futuro xa chegou", que forma parte do libro-disco "Alegría" de Sèrgio Tannus.

https://drive.google.com/open?id=0B8fVV1k-7RlrVldiU3dnNWg4NzQ

O FUTURO XA CHEGOU

Para quen precise ouvir,
hoxe eu estou a cantar
a importancia de amar, 
para os soños realizar.

Para quen queira saber,
como a vida pode ser,
ten valor para abrir,
as xanelas do vivir.

Non teñas medo amigo,
todo pode acontecer:
Na alegría tes o abrigo,
nas túas mans o alborecer.

Non teñas medo amigo,
que o futuro xa chegou:
O pasado é unha folla,
un caderno que acabou.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

VIVINDO O OUTONO: RUTA DE SENDEIRISMO

O ALUMNADO E PROFES  DE 5º E 6º DE PRIMARIA IMOS FACER UNHA RUTA DE SENDEIRISMO .SAIREMOS CEDIÑO DA ESCOLA PARA CAMIÑAR POLA COSTA, DENDE PONTEDEUME ATA O CONCELLO DE FENE, PASANDO POR CABANAS.




CRUZAREMOS A PONTE DE PEDRA SOBRE O EUME, DEIXANDO ÁS NOSAS COSTAS A VILA DE PONTEDEUME.



ENTRAREMOS EN CABANAS POLO PIÑEIRAL, BEN PRETO DA PRAIA DA MADALENA.


CRUZAREMOS UN PEQUENO BOSQUE CON CARBALLOS, CASTIÑEIROS, LOUREIROS E OUTRAS ÁRBORES AUTÓCTONAS.  VEREDES QUE BONITO CON TODAS AS FOLLAS PINTADAS POLO OUTONO!!!


E AXIÑA OLLAREMOS A CALA DE CHAMOSO, AÍNDA NO CONCELLO DE CABANAS.



 LOGO DE CRUZAR OUTRA PEQUENA FRAGA CHEGAREMOS A RÍO CASTRO, ONDE CHEGA AO MAR O REGO DE LARAXE ENTRE OS CONCELLOS DE CABANAS E FENE.
ALÍ PODEREMOS CONTEMPLAR OS RESTOS DUN MUIÑO DE MAREA.(SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES INFORMARVOS SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO).


LOGO XA EN FENE BAIXAREMOS XOGAR E TOMAR A PARVA  Á PRAIA DE ALMIEIRAS PARA TER  FORZAS PARA  O CAMIÑO DE VOLTA.
ESPEREMOS QUE O TEMPO ACOMPAÑE E PODAMOS PASALO MOI BEN AO TEMPO QUE APRENDEMOS DA NOSA FERMOSA CONTORNA.


AQUÍ QUEDAN AS FOTOS PARA O RECORDO DESTA ACTIVIDADE, 10 QUILÓMETROS PERCORRIDOS EN TOTAL. FOI UNHA BONITA MAÑÁ, NON?