Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de enero de 2018

Entroido "Alén do mar"

Xa estamos a piques de comezar o tempo do Entroido:

  • Decidimos o noso disfrace. 
  • Pensamos ideas para a cantiga da nosa comparsa. 
  • Achegamos os materiais para o noso traxe á escola...


Aquí vos deixamos a música da nosa cantiga. É ben coñecida, non?



O Carnaval é tempo de denuncia e a  letra da nosa cantiga ten que ver co mar e con todos os problemas que ten:
A contaminación, a sobrepesca, a dura vida dos pescadores e mariscadoras, o pouco espacio dos peixeir@s no mercado,...
Grazas polas vosas suxestións!



Ademais da embarcación que vai ser o elemento principal do noso disfraz podedes pensar en como ides vir vestidos para que non se vos coñeza: con antifaz, carauta, barba,  maquillaxe, de roupa de augas ou roupa vella para ir pescar,...Botádelle imaxinación!




Alguén preguntou se a chalana podía levar bancos e outros detalles:
 Na clase en principio só imos facer os dous costados e a popa do casco, ademais de pegarlle o folio e o nome.

Pero como a ides montar na casa coa axuda da vosa familia, por suposto que podedes engadirlle todos os detalles que queirades: bancos, chumaceiras e ata toletes se vos prace!
Eso si, non esquezades uns tirantes resistentes para non naufragar no medio do desfile.





Aínda queda moito traballo, facer a chalana, as pas dos remos, ensaiar a cantiga, o baile...
E a Candeloria xa está aí e con ela comeza a troula!!









Premede na imaxe para ver no blog de Güino o ben que o pasamos este Entroido!!!











Premede na imaxe para ver a festa no blog da

jueves, 16 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017


Outro ano máis chegou o tempo de Entroido. Todas as aulas do cole ferven coa preparación de cantigas, bailes, máscaras,etc.
Os maiores da escola este Carnaval imos desfilar todos xuntos. Os quintos e sextos seremos a gran comparsa "AS XENTES DA FRAGA". 








Ide preparando xa o  voso disfrace, a maquillaxe, e os complementos que precisedes; pois axiña encheremos as rúas de Pontedeume e o pavillón da Casqueira coas nosas cantigas.














 Aquí vos deixamos uns videos  coas músicas das cantigas para que vaiades practicando coas letras da nosa comparsa.

















E ademais aquí vos queda a montaxe musical que fixo a profe Lara con fragmentos de cada unha das anteriores cancións.
Se clicas no altofalante pódela escoitar e ensaiar coa letra do entroido.