- Decidimos o noso disfrace.
- Pensamos ideas para a cantiga da nosa comparsa.
- Achegamos os materiais para o noso traxe á escola...
Aquí vos deixamos a música da nosa cantiga. É ben coñecida, non?
O Carnaval é tempo de denuncia e a letra da nosa cantiga ten que ver co mar e con todos os problemas que ten:
A contaminación, a sobrepesca, a dura vida dos pescadores e mariscadoras, o pouco espacio dos peixeir@s no mercado,...
Grazas polas vosas suxestións!
Ademais da embarcación que vai ser o elemento principal do noso disfraz podedes pensar en como ides vir vestidos para que non se vos coñeza: con antifaz, carauta, barba, maquillaxe, de roupa de augas ou roupa vella para ir pescar,...Botádelle imaxinación!
Alguén preguntou se a chalana podía levar bancos e outros detalles:
Na clase en principio só imos facer os dous costados e a popa do casco, ademais de pegarlle o folio e o nome.
Pero como a ides montar na casa coa axuda da vosa familia, por suposto que podedes engadirlle todos os detalles que queirades: bancos, chumaceiras e ata toletes se vos prace!
Eso si, non esquezades uns tirantes resistentes para non naufragar no medio do desfile.
Aínda queda moito traballo, facer a chalana, as pas dos remos, ensaiar a cantiga, o baile...
E a Candeloria xa está aí e con ela comeza a troula!!
Premede na imaxe para ver no blog de Güino o ben que o pasamos este Entroido!!!
Premede na imaxe para ver a festa no blog da
No hay comentarios:
Publicar un comentario