Mostrando entradas con la etiqueta Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sociais. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de mayo de 2018

Barcos de pesca

Hoxe tivemos a última charla do ciclo  "Tipos de barcos", en colaboración coas xentes do mar que se acercaron á nosa biblioteca para que o alumnado de 5º e 6º coñecera o s diferentes de barcos que hai na actualidade, a través da aprendizaxe baseada en proxectos.






O día de hoxe foi especial pois Manolo, o Patrón Maior da Confraría de Pontedeume, amosounos os barcos que atracan ao pé da nosa escola , que pescan, cando, canto, onde, como..





.























Trouxonos fotos antigas da descarga do peixe en Pontedeume e unha foto actual da pesca do cerco, arte que utiliza no seu barco.





Mirade nun dos traballos elaborados a partires da charla o contido do tratado esta maña por Manolo, que , por certo, estudou no noso cole ata os 14 anos.

Texto sobre a charla do Patrón Maior.



miércoles, 11 de abril de 2018

Visítanos o primeiro español en cruzar o Atlántico a remo!

O próximo venres, 13 de abril, visitaranos Jorge Pena, o galego que cruzou o Atlántico a remo  en 58 días.

Deixámosvos varias novas e un vídeo para que poidades coñecer a súa historia e preparar a entrevista.
Premede nas imaxes!

http://www.elmundo.es/cronica/2018/01/02/5a4684c6ca47418a728b45e6.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2018/02/11/gallego-jorge-pena-logra-cruzar-atlantico-remo-58-dias/00031518353885838793624.htm


http://www.crtvg.es/informativos/o-galego-jorge-pena-cruza-o-atlantico-a-remo-3650543


JORGE PENA COMPLETOU A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Chegou o día,  recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visitou para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, dende a illa da Gomera, nas Canarias, até a illa Antiga, no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios que sopran na época do ano en que fixo a viaxe e que o arrastraban na dirección correcta. Como  fixeron con Colón cando descubriu América.

Narroonos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante no que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como se moven os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.











martes, 3 de abril de 2018

Xogo e aprendo con mapas

Aquí vos deixamos unha entrada para que prectiquedes cos mapas políticos que traballaremos no novo tema de Sociais:

A organización político-territorial da nosa contorna



Empeza polos de Europa, paises e capitais, logo España, Comunidades e Cidades Autónomas e provincias; e, ao final ,Galicia, o máis próximo e tamén máis coñecido.

Agora xoga a localizar paises da UE.


domingo, 25 de marzo de 2018

"Lapelabook": A contaminación do mar.

Nesta última semana do 2º trimestre adicámonos a investigar, e plasmar a información sobre a contaminación do mar.Este tema, é de gran interese, tanto para nós, o alumnado de sexto, coma para calquera un pouco preocupado pola contaminación de gran parte do noso planeta.

Traballamos en equipo e plasmamos as nosas pescudas nuns lapelabooks ben chulos!
Comprobádeo vós mesmos!








martes, 6 de febrero de 2018

Relevo de España e Europa.

Para pasar un bo rato entre mapas deixámosvos uns xogos ben divertidos.

Premede nas ligazóns e accederedes a diferentes actividades.

Estade ben atentos! Pode ser unha boa ferramenta de repaso!


http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esporog1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/eurorog1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/eurorog2e.html

E para repasar ríos e costas de España e Europa:


Empeza polos fáciles!

lunes, 22 de enero de 2018

PDI "Alén do mar" Preparación saída ao porto da Coruña

Pasadomañá viaxaremos ao porto da Coruña.
Aquí vos deixamos un enlace con información ben interesante. Accedede premendo na imaxe e veredes o percorrido, as normas, as características do porto, etc.



viernes, 17 de noviembre de 2017

AS CHALANAS

O alumnado de 6º de Primaria, logo de visitar o peirao de Pontedeume, decidiu investigar sobre as chalanas, embarcacións que abondan na nosa ría.


Consultaron diversas publicacións, tanto na rede como en diferentes textos e aprenderon moito sobre os tipos de chalanas, os materiais con que se constrúen, as partes da embarcación, etc.

Elaboraron textos sobre o tema e fixeron unhas maquetas ben xeitosas grazas a unha investigación previa desenvolta no CEIP de Sada.





Ao longo desta semana expuxeron as súas aprendizaxes ao resto do alumnado de primaria apoiándose en murais e maquetas.













Noraboa, bo traballo!!

Na hora de ler foron pasando os cursos de Primaria ao longo de toda a semana. Dende os máis pequenos ata os máis grandes todos mostraron grande interese e respecto ao traballo dos maiores da escola.


Aquí vos deixamos unha mostra das imaxes desta experiencia.



jueves, 9 de noviembre de 2017

CONSTRUCIÓN NAVAL

O alumnado de 5º e 6º está a traballar dentro do proxecto deste curso a construción naval. Esta semana visitaron para recoller información sobre o tema o Museo de Construción Naval de Ferrol.










Canto aprenderon!

 Diques e gradas para construir nos estaleiros ferroláns.


Barcos do XIII,un  bote polbeiro, o bote de 9 metros.



 A construción dos antigos galeóns, das fragatas, das modernas embarcacións.






Remaches e soldaduras, planos, tecnoloxía,  timóns, mando e goberno,...Ata nós aprenderon coa axuda da guía!









Aproveitaron a viaxe e tamén visitaron o Museo de Historia Natural, centrándo a súa visita na fauna marina, peixes, mamíferos, moluscos,etc.