Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de diciembre de 2017

Achégase o Nadal.

Para celebrar o Nadal, a próxima semana decoraremos as aulas de sexto.

As nosas portas lucirán así de fermosas!


Para decorar o interior da aula vamos a facer unhas grilandas. Deixámosvos un par de vídeo titoriais, para que, si queredes practiquedes a fin de semana.


lunes, 26 de diciembre de 2016

Chegou o Nadal

Aquí tedes as fotos da nosa festa, coa decoración tan bonita que fixestes e a montaxe co Festival de Nadal.
Ata o ano que vén! Feliz Aninovo!





jueves, 15 de diciembre de 2016

E O NADAL ESTÁ ÁS PORTAS...

Mañá comezaremos a decorar as aulas de quinto para festexar o Nadal.
Aquí vos deixamos uns titoriales para que lles botedes unha ollada e logo do recreo poñerémonos máns á obra.


miércoles, 30 de noviembre de 2016

O FUTURO XA CHEGOU


Se clicades no seguinte enlace podedes escoitar "O Futuro xa chegou", que forma parte do libro-disco "Alegría" de Sèrgio Tannus.

https://drive.google.com/open?id=0B8fVV1k-7RlrVldiU3dnNWg4NzQ

O FUTURO XA CHEGOU

Para quen precise ouvir,
hoxe eu estou a cantar
a importancia de amar, 
para os soños realizar.

Para quen queira saber,
como a vida pode ser,
ten valor para abrir,
as xanelas do vivir.

Non teñas medo amigo,
todo pode acontecer:
Na alegría tes o abrigo,
nas túas mans o alborecer.

Non teñas medo amigo,
que o futuro xa chegou:
O pasado é unha folla,
un caderno que acabou.