Mostrando entradas con la etiqueta Sendeirismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sendeirismo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de octubre de 2017

CAMIÑO INGLÉS

Os camiños a Compostela son como ríos de xentes a onde van parar os afluentes das diferentes culturas, tradicións e linguas dos mais diversos países. Ríos que regan e fertilizan as terras por onde pasan facendo florecer igrexas, albergues, pousadas, hospitais e cruceiros que son hoxe o noso orgullo.



Un rico patrimonio material comparable a infinidade de historias, lendas e romances que os camiñantes nos trouxeron e que circularon de boca en boca durante séculos, transformándose cada vez que eran contados. As historias que acompañaran a actividade teñen polo tanto orixes diversas, unhas veñen de Portugal, outras de Italia, de Francia ou do afastado oriente. Todas son universais e a todas engadírá Inacio o acento local.

A actividade ‘Contamos e recollemos contos nados no Camiño’ consiste nunha saída de escolares dos centros de ensino seleccionados, para percorrer un tramo do Camiño representativo do fito Xacobeo e preto do seu lugar de residencia. hoxe percorrimos o tramo que vai dende a nosa vila ata o concello de Miño.



Durante o percorrido, Inacio Vilariño, coñecido e recoñecido contador, foi quen referiu aos cativos e cativas os ‘contos nados no Camiño’. A andaina serviu para que os escolares repararan no grande valor natural dos Camiños Xacobeos: a fauna, a flora, a orografía, a toponimia...formaron parte da camiñada. Sen esquecer, a importancia de coidar e conservar este extraordinario ben cultural.




Esta actividade pretende tamén implicar aos cativos e ás cativas, converténdoos en contadores e contadoras , daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, que existan nos Concellos nos que habitan, ou que elas e eles creen a partir da saída programada.
Ollade que ben o pasamos!!!




Moitas grazas a tod@s, monitores, gardas municipais , que fixeron desta mañá unha xornade inesqueciblee ao alumnado de sexto pola súa atención e bo comportamento.

jueves, 22 de junio de 2017

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

Xa foi o concerto de Paco Nogueiras, os Xogos Populares e a Excursión. Só falta o día de mañá, coa  Festa , a despedida dos de 6º, darlle a benvida a Primaria aos grandes de Infantil e as notas para tod@s e a descansar  e disfrutar do verán , paseando, nadando, lendo,... para coller forzas para 6º.

Aquí poremos fotos para lembrar estas datas.
Feliz verán!!!
Paco Nogueiras

5ºA Xogos Populares

5ºB Xogos Populares




Dolmen de Dombate

Miradoiro da Fernandiña



Castro de Borneiro
Fervenza do Xallas




miércoles, 2 de noviembre de 2016

VIVINDO O OUTONO: RUTA DE SENDEIRISMO

O ALUMNADO E PROFES  DE 5º E 6º DE PRIMARIA IMOS FACER UNHA RUTA DE SENDEIRISMO .SAIREMOS CEDIÑO DA ESCOLA PARA CAMIÑAR POLA COSTA, DENDE PONTEDEUME ATA O CONCELLO DE FENE, PASANDO POR CABANAS.




CRUZAREMOS A PONTE DE PEDRA SOBRE O EUME, DEIXANDO ÁS NOSAS COSTAS A VILA DE PONTEDEUME.



ENTRAREMOS EN CABANAS POLO PIÑEIRAL, BEN PRETO DA PRAIA DA MADALENA.


CRUZAREMOS UN PEQUENO BOSQUE CON CARBALLOS, CASTIÑEIROS, LOUREIROS E OUTRAS ÁRBORES AUTÓCTONAS.  VEREDES QUE BONITO CON TODAS AS FOLLAS PINTADAS POLO OUTONO!!!


E AXIÑA OLLAREMOS A CALA DE CHAMOSO, AÍNDA NO CONCELLO DE CABANAS.



 LOGO DE CRUZAR OUTRA PEQUENA FRAGA CHEGAREMOS A RÍO CASTRO, ONDE CHEGA AO MAR O REGO DE LARAXE ENTRE OS CONCELLOS DE CABANAS E FENE.
ALÍ PODEREMOS CONTEMPLAR OS RESTOS DUN MUIÑO DE MAREA.(SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES INFORMARVOS SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO).


LOGO XA EN FENE BAIXAREMOS XOGAR E TOMAR A PARVA  Á PRAIA DE ALMIEIRAS PARA TER  FORZAS PARA  O CAMIÑO DE VOLTA.
ESPEREMOS QUE O TEMPO ACOMPAÑE E PODAMOS PASALO MOI BEN AO TEMPO QUE APRENDEMOS DA NOSA FERMOSA CONTORNA.


AQUÍ QUEDAN AS FOTOS PARA O RECORDO DESTA ACTIVIDADE, 10 QUILÓMETROS PERCORRIDOS EN TOTAL. FOI UNHA BONITA MAÑÁ, NON?