"A dificultade de acceder á fraga, foi precisamente a calidade buscada por unha serie de eremitas para fundar, a finais do S.IX, o Mosteiro de San Xoán Bautista, na vila de Calavario, nome que deriva da presenza de rocas graníticas".
En 1º lugar, para iniciar este proxecto, na aula e en gran grupo expuxemos todas aquelas cousas que xa sabiamos sobre este mosteiro para, a continuación, pensar nos aspectos/cuestións que queriamos investigar.
Coa axuda da rede e das fontes bibliográficas da biblioteca e do cole, pescudamos certos aspectos sobre a historia, localización, partes, lendas,... relativas ao mosteiro.
Por fin, o 9 de febreiro do 2017, realizamos unha visita ao Mosteiro de Caaveiro.
Se clicades na presentaicón podedes ver fotos da nosa saída e algunha que outra aclaración.
Sen dúbida, foi moi interesante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario