jueves, 9 de febrero de 2017

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "AS FRAGAS DO EUME"

O alumnado de 5ºA de primaria está a investigar sobre o aproveitamento forestal das fragas, por parte da veciñanza das mesmas, antes de serem nomeadas Parque Natural: A explotación tradicional dos seus recursos vexetais.
A comezos do presente trimestre, iniciaron a investigación falando con familiares e veciños maiores e na clase, expuxeron, compartiron e elaboraron un documento cos datos conseguidos entre toda a clase.
Logo, investigaron na rede de internet na escolma de enderezos que achegou para o proxecto o blog da biblioteca.
A continuación, pescudaron nos libros sobre o tema que chegaron á biblioteca aula procedentes da biblioteca do cole e da municipal.
Elaboraron fichas en pequeno grupo sobre as principais árbores da fraga e hoxe por fin, cheos de ilusión e con uns coñecementos previos xa asentados, visitaron ás fragas do Eume.
Alí recibiunos Cilin, un vixiante do parque que lles deu unha charla sobre o aproveitamento humano tradicional das fragas e que aclarou dúbidas e ampliou os coñecementos "in situ".
Logo, nunha ruta pola fraga no concello da Capela amosoulles a pegada humana, nas curripas, nas carboneras,etc E a pegadas dos animais, os furados que deixa o xabaril ao se bañar, as cagadas das xinetas,etc Ao tempo que lles transmitía aos rapaces e rapazas o seu entusiasmo polo medioambiente e a importancia do desenvolvemento sostible.
Fixeron parte da RUTA DOS ENCOMENDADEIROS, por un sendeiro a carón do Eume no concello de Capela, deixando o río á dereita e  camiñando 3,5 Km. dende a ponte colgante de Cal Grande  ata a Ponte Colgante de  Fornelos. Dende alí voltaron en bus para escola.
















No hay comentarios: