En primeiro lugar, faremos unha parada no Castro de Borneiro e no museo do Dolmen de Dombate.
A continuación, faremos un pequeno descanso para parvar e montaremos no bus para dirixirnos ata Dumbría, visitar o museo da electricidade e a espectacular fervenza do Ézaro.
Tomaremos outro descanso para xantar e, de seguido, dirixirémonos ata Carnota, visitar o hórreo máis grande de Galicia e a Praia.
O hórreo de Carnota foi construido entre os anos 1768 e 1783 e declarado Monumento Nacional, xunto coa igrexa de Santa Comba e o pombal. Ten 22 pés, chegando a medir case 38 metros de longo!!
Na Praia de Carnota xogaremos e tomaremos a merenda, para coller forzas para o regreso a Pontedeume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario