martes, 26 de junio de 2018

Fin de curso

Nos últimos días do curso, aproveitamos moito o tempo e fomos co Firrete a practicar piragüismo e  a Cabanas para dirixir os xogos nos que participamos toda primaria, e despois, construimos con nosos compañeiros e compañeiras castelos de area na praia.













O último día, realizamos a graduación e unha actuación, que levabamos preparando moito tempo grazas á axuda de Roberto, o noso mestre de Educación Física.







E para finalizar...festa!!




























martes, 19 de junio de 2018

Fin de Curso en Manzaneda

Xa estamos nos últimos días no cole. Canto medramos dende que chegamos con apenas tres anos!
En Manzaneda demostráchedes que sabedes pasalo ben portándovos mellor, logo dun curso de traballo con bos resultados.
Noraboa!
A continuar así en Secundaria !

miércoles, 6 de junio de 2018

Electricidade e magnenismo

No último tema de ciencias naturais veremos o tema da electricidade e o magnetismo. 
Para profundizar máis neste tema ímonos a axudar de presentacións e xogos.
Premede nos enlaces e empezade! 
A electricidade.




     



O magnetismo.

Circuitos eléctricos.






lunes, 28 de mayo de 2018

Barcos de pesca

Hoxe tivemos a última charla do ciclo  "Tipos de barcos", en colaboración coas xentes do mar que se acercaron á nosa biblioteca para que o alumnado de 5º e 6º coñecera o s diferentes de barcos que hai na actualidade, a través da aprendizaxe baseada en proxectos.






O día de hoxe foi especial pois Manolo, o Patrón Maior da Confraría de Pontedeume, amosounos os barcos que atracan ao pé da nosa escola , que pescan, cando, canto, onde, como..





.























Trouxonos fotos antigas da descarga do peixe en Pontedeume e unha foto actual da pesca do cerco, arte que utiliza no seu barco.





Mirade nun dos traballos elaborados a partires da charla o contido do tratado esta maña por Manolo, que , por certo, estudou no noso cole ata os 14 anos.

Texto sobre a charla do Patrón Maior.



viernes, 25 de mayo de 2018

Barcos de mercadorías e de salvamento.


Hoxe á mañá contamos coa visita de Guillermo Aneiros, un mercante que veu á biblioteca a contarnos como foi a súa experiencia de máis de trinta anos no mar, tanto nos diferentes barcos de mercadorías como en barcos de salvamento marítimo.

Tamén, presentounos un vídeo con fotografías feitas por el mesmo da súa etapa nos barcos de salvamento, cando rescataban a persoas das pateiras no medio do mar. Estas imaxes foron moi impactantes e con elas comprobamos a importancia do traballo destes barcos.

Agradecemos a Guillermo a súa visita, ademais da presentación que nos deixa para recordar a súa charla.


lunes, 14 de mayo de 2018

Barcos de defensa

Hoxe tivemos a sorte de contar con Alberto Barral, familiar duns compañeiros de 5º. Alberto explicounos o uso dos barcos de defensa na Armada.

Agora xa sabemos que existen diversos tipos de barcos especializados en diferentes misións e usos. Que os barcos de defensa non só serven para actuar en guerras, senón que tamén existen buques-escola, oceanográficos, loxísticos... 

Tamén puidemos ver unha travesía moi perigosa, de camiño a Canadá, na que o buque tivo que sortear ondas xigantescas.

Deixámosvos a presentación que fixo Alberto, e que amablamente comparte con nós.




jueves, 19 de abril de 2018

Relacionámonos e reproduciímonos

A Relación

Para estudar: Mapa conceptual, esquema do tema (Preme na imaxe para velo completo)



Algunhas actividades para repasar o tema:

Preme e aprende. Hai algunhas en inglés pero moitas en galego.

Para profundizar máis, xoga nestas actividades.

A Reprodución:

Agora preme nas imaxes para chegar a dous tipos de actividades interactivas diferentes sobre a reprodución e o embarazo.




miércoles, 18 de abril de 2018

Obradoiro de poesía

O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou unha actividade de iniciación á poesía dirixida por José Luis Graña. A rapazada maior do cole gozou de dúas sesións cada curso, o luns e martes desta semana e da pasada.

José Luís Graña Muíño foi profesor de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten tres publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella e " Itinerario do botellón".
Na actualidade, xubilado como profesional do ensino, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir. Agora mesmo está intentando publicar un libro de relatos curtos e outro de poesía.

No obradoiro fixeron xogos para aprender cal era o "sal" e a "esencia" dun poema; lemos de distintas formas poemas, descubrimos cales eran os autores e autoras das obras traballadas..... e moitas cousas máis. 
O mellor chegou ao final. Despois de ensinarnos algúns truquiños para poder empezar a escribir poesía, puxémonos ao choio e fixemos unhas poesías ben fermosas e divertidas, con temáticas  moi variadas. 

Que ben o pasaron e canto aprenderon! Grazas José Luis!






jueves, 12 de abril de 2018

Barcos no Tempo

O alumnado de 5º e 6º, dentro do proxecto deste curso, estiveron a investigar no 2º trimestre a evolución das embarcacións ao longo da historia.

Hoxe á mañá, compartiron as súas pescudas presentando o produto final no corredor de primaria.
Diante dos seus murais resumiron o aprendido destacando os aspectos máis significativos.



Nestoutro video podedes ver os barcos de vapor artesáns feitos polo alumnado de 6º A.





E nesta montaxe algúns momentos da actividade.



Noraboa ao alumnado de 5º e 6º. Traballo ben feito!

miércoles, 11 de abril de 2018

Visítanos o primeiro español en cruzar o Atlántico a remo!

O próximo venres, 13 de abril, visitaranos Jorge Pena, o galego que cruzou o Atlántico a remo  en 58 días.

Deixámosvos varias novas e un vídeo para que poidades coñecer a súa historia e preparar a entrevista.
Premede nas imaxes!

http://www.elmundo.es/cronica/2018/01/02/5a4684c6ca47418a728b45e6.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2018/02/11/gallego-jorge-pena-logra-cruzar-atlantico-remo-58-dias/00031518353885838793624.htm


http://www.crtvg.es/informativos/o-galego-jorge-pena-cruza-o-atlantico-a-remo-3650543


JORGE PENA COMPLETOU A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE

  Chegou o día,  recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visitou para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, dende a illa da Gomera, nas Canarias, até a illa Antiga, no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.

Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios que sopran na época do ano en que fixo a viaxe e que o arrastraban na dirección correcta. Como  fixeron con Colón cando descubriu América.

Narroonos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante no que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como se moven os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.