domingo, 19 de febrero de 2017

UNIDADES DE LONXITUDE

Moi pronto teremos o control deste tema. Aquí vos deixamos un montón de xogos para que prectiquedes as medidas de lonxitude e o paso dunhas unidades a outras.



jueves, 16 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017


Outro ano máis chegou o tempo de Entroido. Todas as aulas do cole ferven coa preparación de cantigas, bailes, máscaras,etc.
Os maiores da escola este Carnaval imos desfilar todos xuntos. Os quintos e sextos seremos a gran comparsa "AS XENTES DA FRAGA"








Ide preparando xa o  voso disfrace, a maquillaxe, e os complementos que precisedes; pois axiña encheremos as rúas de Pontedeume e o pavillón da Casqueira coas nosas cantigas.














 Aquí vos deixamos uns videos  coas músicas das cantigas para que vaiades practicando coas letras da nosa comparsa.

















E ademais aquí vos queda a montaxe musical que fixo a profe Lara con fragmentos de cada unha das anteriores cancións.
Se clicas no altofalante pódela escoitar e ensaiar coa letra do entroido.






SAÍDA AO MOSTEIRO DE CAAVEIRO

Os alumn@s de 5ºB, dentro do Proxecto Documental Integrado "As Fragas do Eume", estamos a investigar acerca do Mosteiro de Caaveiro, unha das xoias que nos ofrece este parque natural.

"A dificultade de acceder á fraga, foi precisamente a calidade buscada por unha serie de eremitas para fundar, a finais do S.IX, o Mosteiro de San Xoán Bautista, na vila de Calavario, nome que deriva da presenza de rocas graníticas".

En 1º lugar, para iniciar este proxecto, na aula e en gran grupo expuxemos todas aquelas cousas que xa sabiamos sobre este mosteiro para, a continuación, pensar nos aspectos/cuestións que queriamos investigar.
Coa axuda da rede e das fontes bibliográficas da biblioteca e do cole, pescudamos certos aspectos sobre a historia, localización, partes, lendas,... relativas ao mosteiro.
Por fin, o 9 de febreiro do 2017, realizamos unha visita ao Mosteiro de Caaveiro.

Se clicades na presentaicón podedes ver fotos da nosa saída e algunha que outra aclaración.
Sen dúbida, foi moi interesante!


jueves, 9 de febrero de 2017

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "AS FRAGAS DO EUME"

O alumnado de 5ºA de primaria está a investigar sobre o aproveitamento forestal das fragas, por parte da veciñanza das mesmas, antes de serem nomeadas Parque Natural: A explotación tradicional dos seus recursos vexetais.
A comezos do presente trimestre, iniciaron a investigación falando con familiares e veciños maiores e na clase, expuxeron, compartiron e elaboraron un documento cos datos conseguidos entre toda a clase.
Logo, investigaron na rede de internet na escolma de enderezos que achegou para o proxecto o blog da biblioteca.
A continuación, pescudaron nos libros sobre o tema que chegaron á biblioteca aula procedentes da biblioteca do cole e da municipal.
Elaboraron fichas en pequeno grupo sobre as principais árbores da fraga e hoxe por fin, cheos de ilusión e con uns coñecementos previos xa asentados, visitaron ás fragas do Eume.
Alí recibiunos Cilin, un vixiante do parque que lles deu unha charla sobre o aproveitamento humano tradicional das fragas e que aclarou dúbidas e ampliou os coñecementos "in situ".
Logo, nunha ruta pola fraga no concello da Capela amosoulles a pegada humana, nas curripas, nas carboneras,etc E a pegadas dos animais, os furados que deixa o xabaril ao se bañar, as cagadas das xinetas,etc Ao tempo que lles transmitía aos rapaces e rapazas o seu entusiasmo polo medioambiente e a importancia do desenvolvemento sostible.
Fixeron parte da RUTA DOS ENCOMENDADEIROS, por un sendeiro a carón do Eume no concello de Capela, deixando o río á dereita e  camiñando 3,5 Km. dende a ponte colgante de Cal Grande  ata a Ponte Colgante de  Fornelos. Dende alí voltaron en bus para escola.
















miércoles, 1 de febrero de 2017

O HERBARIO

ACABAMOS DE TRABAJAR EN CLASE DE CASTELLANO LA REDACCIÓN DE LAS INSTRUCCIONES. EN ESTA IMAGEN OS DEJAMOS EL RESUMEN:




Ahora mirad este video, fijaos bien para luego redactar las instrucciones correspondientes.







Escribid las instrucciones de forma clara y bien estructurada pues nos valdrán para hacer nuestro propio herbario de la Fraga del Eume.

 Recogeremos las hojas la semana que viene.