lunes, 26 de diciembre de 2016

Chegou o Nadal

Aquí tedes as fotos da nosa festa, coa decoración tan bonita que fixestes e a montaxe co Festival de Nadal.
Ata o ano que vén! Feliz Aninovo!





Violencia de Xénero

 O alumnado de Valores tratou, entre outros temas , o da Violencia de Xénero. Como final das actividades realizaron en pequenos grupos uns carteis ben explícitos.
Botádelles unha ollada!







domingo, 18 de diciembre de 2016

O CLIMA NO MUNDO

Aquí vos deixamos videos para axudaranvos no traballo sobre o EFECTO INVERNADOIRO e a coñecer máissobre O CAMBIO CLIMÁTICO que está a sufriR o noso planeta.









E agora, para rematar o tema, imos lembrar como se interpretan os climogramas


jueves, 15 de diciembre de 2016

E O NADAL ESTÁ ÁS PORTAS...

Mañá comezaremos a decorar as aulas de quinto para festexar o Nadal.
Aquí vos deixamos uns titoriales para que lles botedes unha ollada e logo do recreo poñerémonos máns á obra.


miércoles, 30 de noviembre de 2016

O FUTURO XA CHEGOU


Se clicades no seguinte enlace podedes escoitar "O Futuro xa chegou", que forma parte do libro-disco "Alegría" de Sèrgio Tannus.

https://drive.google.com/open?id=0B8fVV1k-7RlrVldiU3dnNWg4NzQ

O FUTURO XA CHEGOU

Para quen precise ouvir,
hoxe eu estou a cantar
a importancia de amar, 
para os soños realizar.

Para quen queira saber,
como a vida pode ser,
ten valor para abrir,
as xanelas do vivir.

Non teñas medo amigo,
todo pode acontecer:
Na alegría tes o abrigo,
nas túas mans o alborecer.

Non teñas medo amigo,
que o futuro xa chegou:
O pasado é unha folla,
un caderno que acabou.

jueves, 17 de noviembre de 2016

martes, 15 de noviembre de 2016

domingo, 13 de noviembre de 2016

Magosto e Día do Peón.

Aquí quedan as imaxes da festas. Mágoa que o tempo non acompañara e non puideramos facer o Magosto arriba coas familias.

martes, 8 de noviembre de 2016

O ACENTO EN GALEGO

PREMENDO NAS IMAXES ENTRAREDES EN ACTIVIDADES PARA REFORZAR OS COÑECEMENTOS QUE XA TEDES SOBRE A ACENTUACIÓN.
ÁNIMO, A XOGAR!




viernes, 4 de noviembre de 2016

A REPRESENTACIÓN DA TERRA

AQUÍ VOS DEIXAMOS ACTIVIDADES PARA REFORZAR E COMPLETAR O TEMA 2 DE SOCIAIS. POUCO A POUCO IREMOS COLGANDO MÁIS SEGÚN AVANCEMOS NO TEMA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!


PREMENDO NESTA 1ª IMAXE VERÁS QUE HAI INFORMACIÓN E TAMÉN ACTIVIDADES.



ESTE É UN XOGO PARA APRENDER A LOCALIZAR CIDADES DO MUNDO. MAIS ANTES HAI QUE LER E COMPRENDER A INFORMACIÓN QUE VÉN A ESQUERDA. É EN CASTELÁN E NOS SOMOS BILINGÜES,NON?


miércoles, 2 de noviembre de 2016

VIVINDO O OUTONO: RUTA DE SENDEIRISMO

O ALUMNADO E PROFES  DE 5º E 6º DE PRIMARIA IMOS FACER UNHA RUTA DE SENDEIRISMO .SAIREMOS CEDIÑO DA ESCOLA PARA CAMIÑAR POLA COSTA, DENDE PONTEDEUME ATA O CONCELLO DE FENE, PASANDO POR CABANAS.




CRUZAREMOS A PONTE DE PEDRA SOBRE O EUME, DEIXANDO ÁS NOSAS COSTAS A VILA DE PONTEDEUME.



ENTRAREMOS EN CABANAS POLO PIÑEIRAL, BEN PRETO DA PRAIA DA MADALENA.


CRUZAREMOS UN PEQUENO BOSQUE CON CARBALLOS, CASTIÑEIROS, LOUREIROS E OUTRAS ÁRBORES AUTÓCTONAS.  VEREDES QUE BONITO CON TODAS AS FOLLAS PINTADAS POLO OUTONO!!!


E AXIÑA OLLAREMOS A CALA DE CHAMOSO, AÍNDA NO CONCELLO DE CABANAS.



 LOGO DE CRUZAR OUTRA PEQUENA FRAGA CHEGAREMOS A RÍO CASTRO, ONDE CHEGA AO MAR O REGO DE LARAXE ENTRE OS CONCELLOS DE CABANAS E FENE.
ALÍ PODEREMOS CONTEMPLAR OS RESTOS DUN MUIÑO DE MAREA.(SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES INFORMARVOS SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO).


LOGO XA EN FENE BAIXAREMOS XOGAR E TOMAR A PARVA  Á PRAIA DE ALMIEIRAS PARA TER  FORZAS PARA  O CAMIÑO DE VOLTA.
ESPEREMOS QUE O TEMPO ACOMPAÑE E PODAMOS PASALO MOI BEN AO TEMPO QUE APRENDEMOS DA NOSA FERMOSA CONTORNA.


AQUÍ QUEDAN AS FOTOS PARA O RECORDO DESTA ACTIVIDADE, 10 QUILÓMETROS PERCORRIDOS EN TOTAL. FOI UNHA BONITA MAÑÁ, NON?


lunes, 31 de octubre de 2016

Contos de medo

Abride a presentación e veredes os vosos contos de medo. Podedes xirar, facer zoom neles, deixar a música acesa ou apagala e... a desfrutar das vosas orixinais creacións!!


 

OLLADE NESTAS IMAXES PARTE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NAS NOSAS AULAS. TEDES MÁIS INFORMACIÓN NO BLOGUE DA BIBLIOTECA.QUE SAMAÍN MÁIS COMPLETO,NON?

miércoles, 19 de octubre de 2016

SAMAÍN

Aquí tedes a montaxe con todas as caveiras...
ATOPAS A TÚA?


Chegan as noites longas, para estar na casa, escoitar contos  de medo, buscar unha cabaza para facer unha caveira que asuste á veciñanza cando pase preto da nosa casa, de facer o colar de zonchos e abrigarse un pouco máis para ir ao monte por cogumelos ou a As Pontes  á feira.
Para este tempo aquí tedes informacións, xogos e a proposta de Güino para a nosa escola (Premede nas imaxes).
Animádevos a vivir o tempo do Samaín!!!



Ademais, polo Samaín é tempo de cabazas, lobishomes, meigas, esqueletos, pantasmas, noites escuras pechadas de néboa...
Anímate e crea o teu propio relato de medo. A ver quen se atreve a lelo! E a durmir esa noite...
Preme na imaxe e poderás ver relatos feitos por alumnos e alumnas de 5º de primaria.

https://issuu.com/pereiro/docs/a_casa_embruxada 


E agora un xogo para ver canto sabes do Samaín!!!

E unha cantiga xa coñecida, ou non a lembrades??











Mira o que nos propón Guino para a Hora de Ler do Día de Samaín!!! Vaite preparando!!!

lunes, 17 de octubre de 2016

AS PLANTAS

PARA REFORZAR O VISTO NO SEGUNDO TEMA DE NATURAIS, PREME NAS IMAXES, XOGA E APRENDE.









viernes, 14 de octubre de 2016

O UNIVERSO E A TERRA

PREMENDO NA IMAXE  PODERÁS LEMBRAR O TEMA  1 DE SOCIAIS E ADEMAIS APRENDER COUSAS NOVAS MENTRES XOGAS



lunes, 10 de octubre de 2016

BENVIDA

Ola !
Somos Mari e Judit, as titoras dos quintos, queremos darvos a benvida a esta nova ferramenta dixital.
Neste blog colgaremos actividades, notas, xogos, viodeos, fotos...para completar, expoñer e propoñer actividades complementarias, recordos de saídas, informacións diversas,etc.
É de tod@s e tod@s iremos enchéndoo.
Digámoslle adeus ao blog anterior:
a>

E recibamos ao novo!!!!


REUNIÓN 1º TRIMESTRE 5º PRIMARIA