lunes, 23 de octubre de 2017

IDADE CONTEMPORÁNEA

Imos estudar a idade na que vivimos.
Comeza a remates do século XVIII e aínda non rematou!

Deixámosvos varias liñas do tempo e entre tod@s faremos unha completa, co que pasa no mundo, en España, en Galicia e na Arte.






Xogando nesta actividade poderemos converternos en auténticos expretos e expertas na Idade Contemporánea o que nos permitirá facer unha gran liña do tempo.


Preme na imaxe!

Escoita nesta canción un resumo "especial" do século XX en Europa:

domingo, 22 de octubre de 2017

Os Peixes

Xa que estamos a traballar a organización dos animais e andamos a voltas co mar. Ollade esta presentación tan vistosa como interesante sobre os peixes.





E agora esta máis interactiva e variada. 




Interesantes ,non?
 Un pouco de fantasía! Como estamos a preparar contos de medo ambientados no mar para o Samaín, igual serve este video para inspirarvos...Da medo?






A documentarse ben para facer uns contos de medo terroríficos!

jueves, 19 de octubre de 2017

Animáis de récord!

Comezamos o tema 2 de Ciencias da natureza, os animais, cun moi especial, a bolboreta monarca.

Queres saber un pouco máis? Preme nas imaxes!

http://www.nationalgeographic.es/animales/mariposa-monarca

https://www.mexicodesconocido.com.mx/mariposa-monarca-santuarios-estado-mexico.html

viernes, 13 de octubre de 2017

Máximo común divisor y mínimo común múltiplo.

Repasa las definiciones de MÁXIMO común DIVISOR y mínimo común múltiplo.





 
Ahora puedes ver este vídeo que vuelve a explicar lo visto en clase.


ALÉN DO MAR. VISITAMOS O PEIRAO

 O P.D.I. deste curso ALÉN DO MAR vai do mar. En sexto ansiosos por comezar esta nova aventura, decidimos que antes de zarpar é ben coñecer o máis próximo, o que temos á porta: O muelle de Pontedeume.


Este mércores visitamos o peirao:

  • Vimos como le pasaban unha inspección aos mariscadores que ían á ameixa a un banco recén descuberto en Sada.



  •  Visitamos a confradía explicándonos o Patrón Maior, Manolo, e a Vicepatroa, Mari, moitos detalles do seu traballo; Olalla, a nai de Aroa que é mariscadora, xunto cun vixiante amosáronnos as diferentes ameixas e as súas medidas mínimas, as diferentes artes para o marisqueo a pé e en bote, para a ameixa e o berberecho; os tipos e prezos de ameixa, a subasta,...
  •  Na explanada, fronte aos novos almacéns dos mariñeiros, vimos as artes de pescas, redes, tramallos, betas e  nasas para a nécora e para o polbo.


  • Por último, Manolo, o Patrón Maior da Confraría, acompañounos ao "Pescador" onde vimos a exposición dos 100 anos de Asociacionismo Mariñeiro  Eumés, "Ondas de Irmandade" e observamos a evolución dos muelles e  da pesca na nosa vila, tamén descubrimos que había debaixo da Ponte de Ferro un asteleiro de ribeira que facía barcos de pesca. 
                                            Grazas a tod@s, traballador@s do mar!


                             



 Agora si que estamos prepara@s para zarpar con Güino a unha nova singladura.

Aquí quedan máis imaxes desta marabillosa mañá!


A Idade Contemporánea

Comezamos lembrando as etapas da Historia:




Preparemos o novo tema!

             
 Preme na imaxe!



Poderemos agora facer nós unha liña do tempo da Idade Contemporánea ???

miércoles, 11 de octubre de 2017

CAMIÑO INGLÉS

Os camiños a Compostela son como ríos de xentes a onde van parar os afluentes das diferentes culturas, tradicións e linguas dos mais diversos países. Ríos que regan e fertilizan as terras por onde pasan facendo florecer igrexas, albergues, pousadas, hospitais e cruceiros que son hoxe o noso orgullo.



Un rico patrimonio material comparable a infinidade de historias, lendas e romances que os camiñantes nos trouxeron e que circularon de boca en boca durante séculos, transformándose cada vez que eran contados. As historias que acompañaran a actividade teñen polo tanto orixes diversas, unhas veñen de Portugal, outras de Italia, de Francia ou do afastado oriente. Todas son universais e a todas engadírá Inacio o acento local.

A actividade ‘Contamos e recollemos contos nados no Camiño’ consiste nunha saída de escolares dos centros de ensino seleccionados, para percorrer un tramo do Camiño representativo do fito Xacobeo e preto do seu lugar de residencia. hoxe percorrimos o tramo que vai dende a nosa vila ata o concello de Miño.



Durante o percorrido, Inacio Vilariño, coñecido e recoñecido contador, foi quen referiu aos cativos e cativas os ‘contos nados no Camiño’. A andaina serviu para que os escolares repararan no grande valor natural dos Camiños Xacobeos: a fauna, a flora, a orografía, a toponimia...formaron parte da camiñada. Sen esquecer, a importancia de coidar e conservar este extraordinario ben cultural.




Esta actividade pretende tamén implicar aos cativos e ás cativas, converténdoos en contadores e contadoras , daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, que existan nos Concellos nos que habitan, ou que elas e eles creen a partir da saída programada.
Ollade que ben o pasamos!!!




Moitas grazas a tod@s, monitores, gardas municipais , que fixeron desta mañá unha xornade inesqueciblee ao alumnado de sexto pola súa atención e bo comportamento.