miércoles, 22 de noviembre de 2017

viernes, 17 de noviembre de 2017

AS CHALANAS

O alumnado de 6º de Primaria, logo de visitar o peirao de Pontedeume, decidiu investigar sobre as chalanas, embarcacións que abondan na nosa ría.


Consultaron diversas publicacións, tanto na rede como en diferentes textos e aprenderon moito sobre os tipos de chalanas, os materiais con que se constrúen, as partes da embarcación, etc.

Elaboraron textos sobre o tema e fixeron unhas maquetas ben xeitosas grazas a unha investigación previa desenvolta no CEIP de Sada.





Ao longo desta semana expuxeron as súas aprendizaxes ao resto do alumnado de primaria apoiándose en murais e maquetas.













Noraboa, bo traballo!!

Na hora de ler foron pasando os cursos de Primaria ao longo de toda a semana. Dende os máis pequenos ata os máis grandes todos mostraron grande interese e respecto ao traballo dos maiores da escola.


Aquí vos deixamos unha mostra das imaxes desta experiencia.



jueves, 9 de noviembre de 2017

CONSTRUCIÓN NAVAL

O alumnado de 5º e 6º está a traballar dentro do proxecto deste curso a construción naval. Esta semana visitaron para recoller información sobre o tema o Museo de Construción Naval de Ferrol.










Canto aprenderon!

 Diques e gradas para construir nos estaleiros ferroláns.


Barcos do XIII,un  bote polbeiro, o bote de 9 metros.



 A construción dos antigos galeóns, das fragatas, das modernas embarcacións.






Remaches e soldaduras, planos, tecnoloxía,  timóns, mando e goberno,...Ata nós aprenderon coa axuda da guía!









Aproveitaron a viaxe e tamén visitaron o Museo de Historia Natural, centrándo a súa visita na fauna marina, peixes, mamíferos, moluscos,etc.












lunes, 6 de noviembre de 2017

Potencias y raices cuadradas

 Para repasar juega en varias actividades que hay en el enlace al que te lleva la imagen de arriba.
Haz click en el dibujo y verás.

jueves, 2 de noviembre de 2017

XOGOS

Premendo na imaxe poderedes acceder a unha chea de xogos moi variados para  pasalo ben e  para practicar:

Técnicas de estudio
Atención
Razonamento
Lóxica e observación
Memoria
Fluidez verbal
Coordinación visomotora
Agudeza visual ...

 Non é para facelos todos dunha sentada pero si algún cada día.
Ánimo!!!
 Esquecíame!!! COMEZAMOS NA PÁXINA 9





miércoles, 1 de noviembre de 2017

Reunión coas familias.

O pasado martes 31 de octubro tivo lugar a reunión coas familias.
Deixamos este vídeo coa información tratada.


  
Moitas grazas pola vosa asistencia!

O substantivo e as súas clases.

Despois de recordar o substantivo e as súas clases na aula, estades preparados para repasalo.

Premede na imaxe!
http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/nome/nome.html