jueves, 22 de junio de 2017

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

Xa foi o concerto de Paco Nogueiras, os Xogos Populares e a Excursión. Só falta o día de mañá, coa  Festa , a despedida dos de 6º, darlle a benvida a Primaria aos grandes de Infantil e as notas para tod@s e a descansar  e disfrutar do verán , paseando, nadando, lendo,... para coller forzas para 6º.

Aquí poremos fotos para lembrar estas datas.
Feliz verán!!!
Paco Nogueiras

5ºA Xogos Populares

5ºB Xogos Populares




Dolmen de Dombate

Miradoiro da Fernandiña



Castro de Borneiro
Fervenza do Xallas




domingo, 18 de junio de 2017

SAÍDA FIN DE CURSO

Este xoves 22 terá lugar a última saída deste curso 2016/17. Sairemos sobre as nove e voltaremos sobre as sete da tarde. Ímolo pasar xenial!!!
En primeiro lugar, faremos unha parada no Castro de Borneiro e no museo do Dolmen de Dombate.




A continuación, faremos un pequeno descanso para parvar e montaremos no bus para dirixirnos ata Dumbría, visitar o museo da electricidade e a espectacular fervenza do Ézaro.



Tomaremos outro descanso para xantar e, de seguido, dirixirémonos ata Carnota, visitar o hórreo máis grande de Galicia e a Praia.
O hórreo de Carnota foi construido entre os anos 1768 e 1783 e declarado Monumento Nacional, xunto coa igrexa de Santa Comba e o pombal. Ten 22 pés, chegando a medir case 38 metros de longo!!



Na Praia de Carnota xogaremos e tomaremos a merenda, para coller forzas para o regreso a Pontedeume.